Ir directamente á información do produto
1 Translation missing: gl-ES.general.slider.of 2

Aí falaches

Imán MORRIÑA

Imán MORRIÑA

Prezo normal €3,50 EUR
Prezo normal €3,50 EUR Prezo de venda €3,50 EUR
Translation missing: gl-ES.products.product.on_sale Esgotado/a
Talles
Cantidade

Imán MORRIÑA
Traducir traducímolo, pero ningunha tradución define plenamente este sentimento tan noso…
E por suposto, non é cansazo nin soño, iso é ” modorra” 🙂

Imán MORRIÑA
Morriña... Traducir traducímolo, pero ningunha tradución define plenamente este sentimento tan noso...
E por suposto, non é cansazo nin soño, iso é " modorra" :-)

A palabra morriña é unha das máis extendidas do noso vocabulario. Ata está aceptada xa pola "Real Academia de la lengua Española". Pero aínda hai moita xente por alá adiante que confunde a morriña con outras cousas. Por exemplo cun estado no que a persoa ten soño ou está cansada. Iso é a modorra, pero nalgúns lugares da península, utilizan morriña nese sentido.

Tamén é verdade que nalgunhas zonas do noso territorio, en Viana do Bolo ou preto dalá, utilízase a palabra morriña para describir a choiva fina e persistente. O que moitos coñecemos tamén como "orballo". Ademais, tamén nalgunhas zonas é, como recolle a Real Academia Galega, unha capa de sucidade que se forma sobre algo debido á falta de hixiene. Aquí podedes atopar máis acepcións.

Pero no caso que estamos a falar é o de sentimento que algúns din que só pódese entender cando deixas a nosa terra. E aínda máis, como din unha letra de  Baiuca "ninguén sabe de morriña ata que escapa do mar...". Recomendámosvos seguir a este artista e non esquecer a vosa camiseta morriña azul cando esteades lonxe.

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

Ver todos os detalles