Aí falaches
Camiseta AMODIÑO
Camiseta AMODIÑO
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Camiseta AMODIÑO
Por que é a nosa maneira de facer as cousas.
Con xeito, co seu tempo, amodiño…
Camiseta AMODIÑO
Por que é a nosa maneira de facer as cousas. Con xeito, co seu tempo, amodiño...
Amodiño é forma agarimosa do adverbio "amodo". É ese agarimo dun avó avisando á crianza: "Amodiño, vas caer". Aínda que ás veces o "vas caer" era máis un feito acontecido que unha advertencia previa. Sexa como fóra, o avó avisaba de que facer as cousas de maneira atordada e con présas non podía traer nada bo.
E mira por onde, despois dun período no que se tendeu á sobre estimulación, esta tendencia está reculando e rescatándose antigos valores. Uns valores que estanse a presentar con adxectivos ou nomes máis modernizados... Termos como o secreto da felididad danesa, denominada " hygge", ou o mindfulness. Per que non son máis que a confirmación de que os nosos avós tiñan toda a razón...
Temos que vivir a vida dun xeito máis amodiño.
Isto non é doado. Non basta con levar unha camiseta Amodiño e seguir facendo vida normal. Tampouco se trata de pasar de todo e deixar de cumprir cos teus compromisos, pero se que hai que relativizar e priorizar. Darlle ás persoas e ás cousas o tempo que merecen.Ten que posuírche o espirito da vida amodiño, porque senón... vas caer!
Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.
E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.
Share
