Ir directamente á información do produto
1 Translation missing: gl-ES.general.slider.of 2

Aí falaches

Camiseta AÍ FALACHES

Camiseta AÍ FALACHES

Prezo normal €19,95 EUR
Prezo normal €19,95 EUR Prezo de venda €19,95 EUR
Translation missing: gl-ES.products.product.on_sale Esgotado/a
Talles
Cantidade

Camiseta AI FALACHES
Aquí estamos, para falar, compartir… Saca peito co galego

Camiseta AÍ FALACHES
Aquí estamos, para falar, compartir... Saca peito co galego

Aí falaches non é só o texto da nosa camisola, se non que tamén é o noso nome. Porque aí falamos, nas camisolas e na nosa lingua, en galego.

En galego, cando alguén leva a razón, nos forgares, nas aldeas ou nas rúas pódense escoitar frases como: ten máis razón cun santo ou non lle falta razón... Pero cando a frase que di o noso interlocutor, non só leva a razón, senón que ademais é algo co que estamos completamente de acordo... entón chegou o momento. Aí é cando tes que espetar a expresión: Aí falaches! Case coa pena de non ser ti quen pronunciou tal sentenza antes.

E co galego pasa o mesmo... Non queremos ter que lamentarnos no futuro... Ter que dicirlles a outros que aí falaron, senón que queremos ser parte dos que aí falamos! E darlle ao galego o agarimo que calquera cultura merécese, e máis por ser a nosa, a dos nosos, e a que fai e permítenos ser hoxe como somos.

Así que xa o sabes, non tes que mercar a camiseta aí falaches, pero si que animámoste a sacar peito co galego e utilizar a túa lingua!

 

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

Ver todos os detalles