Aí falaches
Bolsa O NOSO POLBO menta
Bolsa O NOSO POLBO menta
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Bolsa O NOSO POLBO (inclúe envío peninsular)
Se presumes da nosa gastronomía, tamén tes que estar orgulloso do resta da nosa cultura. E tan cultura é a lingua como a arquitectura. Así que coa bolsa O NOSO POLBO, saca peito co galego.
Bolsa O NOSO POLBO
Sempre falamos de que a cultura é riqueza. É o noso mantra. E nese sentido, tan cultura é a lingua como a arquitectura ou mesmo a danza, por exemplo.
Por iso, se na faceta arquitectónica presumes da Catedral de Santiago, na gastronómica non tes vergoña de presumir de como facemos en Galiza o polbo, tampoco tes que avergoñarte de saber un idioma máis. O teu idioma. Non dicimos que teñas que falalo por imposición, pero si que entendemos que non tes que pasar un apuro por escoitar nunha canción que digan "quéroche máis que a nada". Repetimos, non temos nada de que avergoñarnos, ao contrario, temos que estar moi orgullosos do que somos e de onde vimos, e iso inclúe o noso idioma e o respecto ás nosas xeracións anteriores.
Así que, coa bolsa O NOSO POLBO, presumes tanto da catedral de Santiago, como da gastronomía. Tanto da lingua como do resto da cultura (danza, música, cine, pintura...). E ademais vas poder explicarlle á xente o que é o "noso polbo", dando pé a un pouco de retranca.
Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.
E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.
Share
