Ir directamente á información do produto
1 Translation missing: gl-ES.general.slider.of 3

Aí falaches

Bolsa O NOSO POLBO

Bolsa O NOSO POLBO

Prezo normal €12,95 EUR
Prezo normal €12,95 EUR Prezo de venda €12,95 EUR
Translation missing: gl-ES.products.product.on_sale Esgotado/a
Cantidade

Bolsa O NOSO POLBO (inclúe envío peninsular)
Se presumes da nosa gastronomía, tamén tes que estar orgulloso do resta da nosa cultura. E tan cultura é a lingua como a arquitectura. Así que coa bolsa O NOSO POLBO, saca peito co galego.

Bolsa O NOSO POLBO
Sempre falamos de que a cultura é riqueza. É o noso mantra. E nese sentido, tan cultura é a lingua como a arquitectura ou mesmo a danza, por exemplo.

Por iso, se na faceta arquitectónica presumes da Catedral de Santiago, na gastronómica non tes vergoña de presumir de como facemos en Galiza o polbo, tampoco tes que avergoñarte de saber un idioma máis. O teu idioma. Non dicimos que teñas que falalo por imposición, pero si que entendemos que non tes que pasar un apuro por escoitar nunha canción que digan "quéroche máis que a nada". Repetimos, non temos nada de que avergoñarnos, ao contrario, temos que estar moi orgullosos do que somos e de onde vimos, e iso inclúe o noso idioma e o respecto ás nosas xeracións anteriores.

Así que, coa bolsa O NOSO POLBO, presumes tanto da catedral de Santiago, como da gastronomía. Tanto da lingua como do resto da cultura (danza, música, cine, pintura...). E ademais vas poder explicarlle á xente o que é o "noso polbo", dando pé a un pouco de retranca. 

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

 

Ver todos os detalles