Aí falaches
Tote SON UN TOXO Grande
Tote SON UN TOXO Grande
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
Tote SON UN TOXO GRANDE (inclúe envío peninsular)
Tamén temos que avisar cando saímos pola rúa… e agora aínda máis, coa tote grande son un toxo, estades ben avisados… son un toxo grande!
O toxo ou, como é coñocido científicamente, Ulex Europaeus, é unha planta que garda moita relación coa cultura galega. En si, trátase dun arbusto cunhas púas moi punzantes que ao florecer bota pétalos amarelos. Esténdese como unha capa verde e amarela moi vistosa en montes e ladeiras de todo o territorio galego.
Desta mestura de dureza e beleza sácanse os diferentes significados da expresión "ser un toxo". Por unha banda punzante, de forma que se utiliza para definir o carácter de alguén seco ou arisco. Pero doutra banda, a beleza que se mostra coa flor, fai que a expresión se utilice tamén en ocasións para definir a seres queridos que teñen un xenio acentuado.
Desta maneira, é usual que pais ou avós utilicen a expresión: é un toxiño, refiríndose á crianza. E nese sentido, como está ligado á identidade galega, moitos adultos autoproclámanse toxos con moito orgullo. Por iso agora tamén podedes sacar peito co galego coa tote grande Son un toxo, con máis espazo (47 x 37 cm) para levar todo o que precisades no día a día.
Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.
E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.